Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

Plan Proxecta

EXAME EN 3º DE PRIMARIA USANDO O IMÁN DA RECICLAXE ENVIADO POR SOGAMA

Na clase de 3º de primaria fixeron, para comprobar todo o que aprenderan co proxecto de reciclaxe, un exame no que podían empregar o imán enviado entre os moitos agasallos que nos mandou Sogama para animarnos neste proxecto. 

VÍDEOS PARA TRABALLAR AS ACTITUDES ECOLÓXICAS COS MÁIS PEQUEN@S

Nesta ligazón podedes ver as divertidas historias deste animais tan ecoloxitas. Agardamos que vos gusten!!

O ENTROIDO CÓDIGO 3R!!!

Este ano 2013 a temática do entroido foi o noso proxecto CÓDIGO 3R. Por iso decidimos que cada ciclo se ía disfrazar dun colector distinto: 2º ciclo de infantil fomos do Colector amarelo, o 1º ciclo de primaria foi do Colector Xenérico, 2º ciclo de primaria foi do Composteiro, 3º ciclo de primaria disfrazouse do Colector azul e os mestres especialistas disfrazáronse de recolledores/as do lixo. Para a elaboración dos disfraces contamos coa colaboración das familias que nos proporcionaron os materiais de refugallo para confeccionar os traxes e mesmo en infantil fíxose un obradoiro coas familias de dous días para elaborar ditos disfraces entre familia o alumnado e as mestras.

Todos os anos inventamos unha canción para o entroido, este ano foi a Canción da Reciclaxe que se fixo a partir das mellores coplas que inventaron todas as aulas da escola. E dicir, todas as clases fixeron unha proposta con varias estrofas e finalmente, un xurado invisíbel, decideu as coplas escollidas para formar parte da canción da reciclaxe.

Ademais o Meco deste ano, que é a personaxe que representa todas as cousas malas do curso ou do ano, foi A Contaminación. Este meco foi elaborado polos nenos e nenas de 5º de primaria reutilizando materiais. O primeiro día da festa do entroido fixémoslle un xuízo ao Meco, que consiste nunha obra teatral representada polos rapaces e rapazas de 6º de primaria na que, en clave cómica,a fiscal acusou ao Meco, a contaminación, de todos os seus delitos e a avogada defensora intentou, sen éxito, que non a condenaran. Finalmente foi condenado a ser queimado ao día seguinte ao final do entroido.

 

O segundo día do entroido fixemos un pasa rúas do colexio, a escola infantil veciña e as familias que tamén se disfrazaron de reciclaxe coa colaboración da ANPA. No pasarúas fomos cantando a canción da Reciclaxe elaborada a partir das coplas do entroido. 


Nesta ligazón tendes toda a nova dende a páxina principal da nosa escola.

RECICLAXE DE PAPEL DE ALUMINIO.

Xa levamos no centro dous anos reciclando o papel de aluminio das merendas porque é moi contaminante, pero tamén porque nos pagan unha pequena cantidade por el que empregamos para as excursións do alumnado. Os alumnos e alumnas pioneiros e encargados nesta actividade son o grupo de 3º de primaria


EXPOCOLECTORES DA ENTRADA DE PRIMARIA E INFANTIL

Tamén por estas datas, iniciando o proxecto, elaboramos unha exposición sobre que tipo de lixo vai en cada colector. E para que fose o máis claro posíbel utilizados o lixo de verdade, agás no caso do composteiro, que, ao ser todo orgánico utilizamos fotografías.

 

Tamén en infantil fixemos unha exposición semellante, pero neste caso tratouse dun mural cos nosos amigos os colectores aos que lles puxemos un nome propio. No mural tamén colocamos o lixo real que vai en cada un deles, agás no caso dos residuos organicos que os colorearon os nenos e nenas.

Nesta ligazón tendes todas as fotos.

O TRIVIAL DE SOGAMA E O XOGO DA RECICLAXE DE ECOEMBES

En xaneiro, case iniciando o noso proxecto de Recíclate con Sogama xa nos tocou contar no centro co Trivial xigante de Sogama. Gustou moitísimo aos nenos e nenas de todas clases, mesmos aos nenos e nenas de 6º de infantil (5 anos) que, como xa iniciaran o curso anteriror a clasifciación do lixo e as 3 R non tiveron ningún problema en responder á maioría das preguntas.

Foi unha experiencia tan divertida e interesante que decidimos crear a partir del o noso TRIVIAL DA RECICLAXE DO MASDIAS para seguir gozando e aprendendo co xogo.Pouco despois chegou á escola o XOGOS DA RECICLAXE DE ECOEMBES, e, ao igual que sucedeu co trivial utilizamos este xogo en todas aulas, agás nas dos máis pequenos de infantil. Nesta ocasión foi o xogo o que está rotando polas aulas. Tamén gustou moito ao alumnado.

PARA VER MÁIS FOTOS PREMEDE AQUÍ.

O COLECTOR PARA TAPÓNS DE PLÁSTICO

Antes de iniciar o noso Proxecto CÓDIGO 3R na clase de 6º de infantil xa contábamos cun Obradoiro Semanal de Medioambiente. Unha das primeiras actividades que fixemos foi decorar estes colector para tapóns de plástico. Esta ligazón lévavos ao artigo na nosa web de infantil.

INVESTIGACIÓN SOBRE O COMPOSTEIRO E CARTEIS INFORMATIVOS ELABORADOS POLOS ALUMNOS DE 3º

Na clase de 3º de primaria comezaron o proxecto CÓDIGO 3R cunha investigación exhaustiva sobre o que debemos botar no composteiro e o que non por equipos. Unha vez finalizada a investigación cada grupo elaborou un cartel informativo sobre o que debemos botar no composteiro e o que non. Estes carteis foron en expostos por todo o centro. Aquí tendes un exemplo dos mesmos:

PLASTICHÍN, COMELLÓN, CARTÚNEZ, VIDRIOLO E COMPOSTEIRO.

Dende as aulas de Infantil decidimos que para achegar a nenos tan pequenos aos colectores do lixo dotámolos dun nome e unha sinxela personalidade. Así o colector amarelo chámase Plastichín e é un colector chinés moi simpático. Cartúnez e o colector azul e é bastante serio e refinado. Comellón e colector xenérico e é moi goloso. Vidriolo é un colector marciano, por iso ten só un ollo. Finalmente o Composteiro chámase igual e é moi afable aínda que un pouco porcallán. Con estas personaxes presentamos un Conto e tamén un xogo. O conto fálanos da necesidade de clasificar o lixo para non acabar cos recursos do planeta.O xogo dos colectores é o explicado no apartado anterior, pois usouse tamén para unha das probas da Xincana das letras galegas.

 

XA TEMOS COMPÓS PARA ABONAR A NOSA HORTA!

Dende o ano pasado temos un composteiro na horta da nosa escola. Por iso xa o curso anterior comezamos a separar os residuos orgánicos que poden ir no composteiro para xerar compós que nos abone as leiras. Este ano utilizamos dito compós e logo sementamos as parcelas con leitugas, tomates, amorodos, cebolas, chícharos e patacas. Tamén seguimos recollendo os restos orgánicos nun caldeiro con tapa que sempre está no recibidor da escola, ao lado do colector xenérico para botar os residuos orgánicos que non fan compós (como o embutido ou a mondas de cítricos).

A clase encargada cada semana de baleirar a illa de reciclaxe nos colectores do concello tamén é a clase encargada de baleirar cada día, en pequenos grupos, o caldeiro do recibidor no composteiro da horta. É importante sinalar que nós non xeramos suficiente lixo orgánico para xerar o compós, por iso pedimos a colaboración das familias, para que trouxesen os residuos orgánicos das súas casas e os botasen no composteiro do centro.

Premede aquí para ver o resto das fotos.

p

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut