Skip to Content

Infantil

6º DE INFANTIL: OBRADOIRO DE DISFRACES COAS FAMILIAS

Por mor do noso Proxecto Anual de Centro, CÓDIGO 3R, este entroido os nenos e nenas do Masdías ímonos disfrazar de COLECTORES DO LIXO para a clasificación do mesmo e favorecer, así, a súa posterior reciclaxe. O ciclo de Infantil escollimos disfrazarnos do COLECTOR AMARELO, PLASTICHÍN para a nosa clase de 5-6 anos. Por iso o noso traxe ten que levar o tipo de materiais que botamos neste colector, a saber: bolsas de plástico, bricks, latas, botellas de plástico, papel de aluminio, envases de chocolatinas, bolsas de galletas, de patacas fritidas, ... Así que puxémonos a pensar nenos/as, mestras e familias e fixemos un deseño que quedou bastante colorista.

Na nosa clase contamos coa inestimable colaboración de moitas familias que se achegaron o martes 5 de febreiro, pola tarde e o xoves 7 pola mañá a un Obradoido de Disfraces no que nais e nenos/as elaboraron os traxes de toda a clase. Foi unha experiencia, penso eu, moi divertida para todos e todas.

Moitísimas grazas pola vosa participación!

Aquí tendes as fotos da experiencia. Nestas fotos hai persoas que participaron pero non saen nas mesmas, as miñas desculpas por non ter sacado as fotos antes de que tiveran que marchar. 

CADA RESIDUO NO SEU SITIO: EXPOSICIÓN DE COLECTORES DO LIXO

MIÑOCAS NO PATIO

Un día os nenos e nenas de Infantil descubriron unha pequena familia de miñocas, alguns/has din que viron como nacía a pequeniña da súa nai. Foi un día de patio moi emocionante!

O TRIVIAL DOS RESIDUOS

TRIVIAL DOS RESIDUOS on PhotoPeach

DÍA DA PAZ 2013: CHOCOLATADA POLA PAZ NO MASDÍAS

 

Hoxe no Masdías fixemos unha Chocolatada pola Paz para celebrar o DÍA DA PAZ que se conmemora internacionalmente mañá 30 de xaneiro.


Pola mañá todos os ciclos fixemos unha receita que levaba como ingrediente protagonista o chocolate.


Pola tarde as familias viñeron ver a nosa exposición de receitas chocolateadas.



Logo visionamos un vídeo coas nosas fotos e cancións dos pasados festivais de Magosto-Samaín e Nadal.

A continuación bailamos a polca da Paz (premede aquí para ler a letra)


E, por fin, xa pasamos á fantástica Chocolatada con Churros cortesía da ANPA.

Para os nenos e nenas era de valde, pero as familias colaboraron con 2 €  que incluían o chocolate con churros e unha rifa. Asrifas foron para sortear a famosa MANTA SOLIDARIA que elaboraron con tanto esforzo e esmero os rapaces e rapazas de 5º e 6º. Os cartos recadados tanto coas rifas como coa chocolatada servirán para financiar parte da excursión que este ano fará oterceiro ciclo de primaria.


Moitísimas grazas a todos/as pola vosa colaboración!!

       

 

O PATIO DE INFANTIL EN XANEIRO

XANEIRO NO PATIO DA ESCOLA on PhotoPeach

6º DE INFANTIL: PROXECTO SOBRE O UNIVERSO (PRIMEIRA PARTE)

Nesta segunda avaliación imos investigar o UNIVERSO. As razóns que nos levaron a este tema son variadas:

Nun primeiro momento interesou á aula porque nela tiñamos, ao comezo de curso, dous paneis, o do encargado/a e o da asistencia, relacionados con esta temática: temos, como poderedes ver nun dos primeiros artigos, unha nave espacial que representa a nosa escola, cos seus alumnos e alumnas, un planeta terra, que é a casa na quedamos cando estamos enfermos/as e a lúa cun pequeno cohete no que se vai colocando a persoa encargada de dirixir a asemblea cada día na aula. 

Por outro lado, investigando os DRAGÓNS e DINOSAUROS, na primeira avaliación, apareceu, creando un grande interese mesturado con misterio e algo de medo, o famoso meteorito, que probabelmente foi o responsabel da desaparición destes grandes réptis. O tema quedou pendente coa promesa de seguir investigándoo máis adiante, aquí xa empezabamos a pensar no seguinte proxecto.

Ademais, ao longo da primeira avaliación foron aparecendo pola aula libros sobre o universo, estrelas, planetas, cometas e meteoritos de xoguete. 

Por último, como xa sabedes, a excursión da nosa segunda avaliación foi ao Planetario da Coruña, onde nos achegamos ao nome dos planetas, coñecemos as costelacións, a estrela polar, a vía láctea...

Non había dúbida, o Universo era o tema do momento. Comezamos, como sempre, por repasar o que xa sabemos sobre o tema e así o recollimos:

QUE SABEMOS DO UNIVERSO?

-      

Hai moitos marcianos (Valle)

-      

Son alienígenas que vienen del espacio (Yago).

-      

Pero no existen (Xiana e Mercedes).

-      

Si existen (Yago e Álvaro).

-      

Hay muchos planetas (Lola).

-      

Algúns se chaman Saturno, la Luna y el Sol y Venus (Xian)

-      

Y Marte (Valle).

-      

También hay muchas estrellas (Yago).

-      

El universo es una cosa de la tierra. Es redonda, y cuando va una nave a ese agujero va muy rápida (Álvaro).

-      

Hay estrellas y una luna (Lucía).

-      

Hay dos lunas (Ismael).

-      

Hay meteoritos (Yago).

-      

Hay un planeta que tiene un aro (Ismael).

-      

En un libro que tengo yo aparece un agujero de estrellas (Roque).

-      

Hay estrellas fugaces (Lucía).

-      

Hay una estrella que es la Polar (Xian).

-      

El Polo Norte es un planeta donde hace mucho frío (Yago).

-      

Non, eso é a terra, o Polo Norte e o Sur. (Mercedes).

-      

Hay muchas naves espaciales que van a muchos planetas desconocidos, y los marcianos tienen antenas y son verdes (Javi).

-      

Que é un planeta? (Laura).

-      

Es una cosa redonda donde hay gente (Álvaro).

-      

Algo redondo (Mencía).

-      

Son de muchos colores (Zoe).

-      

La luna tiene agujeritos (Roque).

-      

E o Sol, que é? (Laura)

-      

É unha estrela (Mercedes).

-      

Si, é unha estrela xigante (Xiana).

-      

Arde (Yago).

-      

Y es grande (Xian).

-      

Poden ser doutra cor? (Laura)

-      

Si, brancas (Mercedes)

-      

E azuis (Xian).

-      

Las estrellas son muy pequeñitas (Javi)

-      

Pero desde lejos, de cerca son muy grandes (Álvaro).

-      

Se ven de noche y desde la Luna. Desde la Luna se ven de cerca (Javi).

-      

Porque de noche brillan y son de colorines (Lucía).

-      

No, son sólo blancas, y todas (Javi).

-      

Están un poco cerca de los planetas (Lola).

-      

Las estrellas fugaces son meteoritos (Yago).

-      

No, las estrellas tienen puntitas y los meteoritos no (Mercedes)

-      

A veces, a la Luna, le comen un cacho (Nerea).

-      

No, yo no estoy de acuerdo, porque está muy dura, la Luna (Javi).

-      

E como o sabedes se nunca lle tocáchedes un cacho (Xiana).

-      

A veces tiene que estar así, comida (Xian).

-      

Sí, son los extraterrestres (Álvaro).

-      

Non, porque non existen (Xiana).

-      

As estrelas non se ven de día porque está el sol y alumbra mucho. Y la Luna está hecha de queso. (Lola).

-      

Las estrellas fugaces si pides un deseo se hace realidad (Javi)

-      

Si (todos/as agás Mercedes).

-      

Que é o espazo? (Laura).

-      

O espazo, eso si que non sei (Xiana).

-      

Es cuadrado y gigante y está arriba de todo  (Álvaro).

-      

Y es muy negro (Yago).

-      

Y dentro de lo negro están las estrellas (Javi).

-      

O espacio nunca se acaba (Xiana).

-      

Si (todos e todas están de acordó).

 

  Ao mesmo tempo van xurdindo as cousas que non temos claras ou nas que non estamos dacordo,as que non sabemos responder, así como aquelas que máis nos interesa investigar, aquí tedes as que foron aparecendo, pero este apartado seguirá apliandose ao longo do proxecto:

QUE QUEREMOS SABER?

-      

Por que un planeta leva un anel? (Mercedes).

-      

Cantos planetas hai?

-      

Como se chaman?

-      

De que color son las estrellas? (Xian).

-      

Como se formaron os meteoritos? (Xiana).

-      

As estrelas son grandes ou pequenas?

-      

Existen las estrellas fugaces?  (Lola)

-      

Se cumplen os desexos que lles pedimos? Son meteoritos?

-      

Hai meteoritos na Praia de Caranza? (Álvaro).

-      

Por que lle desaparecen cachos á Lúa?

-      

Por que ten buratiños? Que son?

-      

Hai moitas estrelas? Cantas? (Zoe).

-      

Podemos facer unha viaxe de excursión ao espacio? (Xiana).

-      

Que son eses aneis que aparecen nos debuxos do sol cos planetas, arredor do Sol? (Xiana)

-      

Que é un burato negro? (Álvaro, Mercedes, Xian e Xiana).

-      

Existen os marcianos, alienígenas ou extraterrestes?

-      

Que é o espazo? Que é o universo?

-      

Cantas lúas hai?

-      

Que é a estrela Polar? Ten algo que ver co Polo Norte e o Polo Sur?

-      

As naves espaciais van a moitos planetas descoñecidos?

ONDE ATOPAMOS A INFORMACIÓN PARA INVESTIGAR?

 -      Nos libros.

 -      Na biblioteca (porque hai libros).

 -      Na internet (en vídeos).

 -      En documentais.

 -      Preguntandolle a persoas expertas no tema.

Por iso o primeiro foi contar con vós, as familias, para ir creando o noso recuncho do Proxecto do Universo, e así foi como o fomos montando. Xuntamos tantos libros entre as vosas aportacións e o que atopamos na biblioteca do centro que mesmo lles prestamos algúns libros, que tiñamos repetidos, as outras aulas: 

  Con tantos materiais rápidamente nos puxemos a investigar. Primeiro exploramos todo o que tiñamos, libremente: 

 

E por fin empezaron os equipos a facer as súa primeiras investigacións concretas: agora estamos investigando co equipo 1, formado por Valle, Mencía e Yago, os Meteoros, Meteoritos, Cometas e Estrelas fugaces. Tamén o equipo 3 está a investigar as orbitas dos planetas, o sistema solar e os buratos negros... e esta semana, a última de febreiro, toca o turno dos outros dous equipos, veremos que escollen eles/as para investigar.

 

  Ademais, durante algunhas asembleas fumos lendo xa algo dos nosos libros do proxecto e así descubrimos algunhas cousas moi interesantes. Tamén vimos algúns vídeos sobre temas que foron xurdindo ao longo destas duas últimas semanas. Tamén aprendimos a canción dos Planetas. Aquí tendes as ligazóns a estes vídeos e á canción por se queredes volver a velo na casa.

EXPLICACIÓN DE POR QUE SE FAI DE NOITE

A CANCIÓN DOS PLANETAS DE ENRIQUE E ANA

O METEORITO QUE CAEU A FIN DE SEMANA PASADA EN RUSSIA.

O TAMAÑO DOS PLANETAS, DO SOL E DAS ESTRELAS.

O SALTO DENDE A ESTRATOSFERA.

Unha das cousas que descubriron os nosos equipos de investigadores/as foi que a terra xira arredor do sol, e o tempo que lle leva dar unha volta enteira é un ano terrestre. Ademais a terra, ao mesmo tempo que da a volta arredor do sol, xira arredor de sí mesma, de ahí que a veces sexa de noite ou de día e unha volta enteira e unh día completo, coa súa noite. Para que nos quedara máis claro fixemos dúas demostracións: 

O movemento da terra sobre sí mesma. O día e a noite na terra

 A órbita que fai a terra arredor do sol, e sempre xirando sobre si mesma a un tempo.

Esa órbita completa, que ten forma de elipse, é un ano terrestre.

PROXECTO DO 2º TRIMESTRE: O UNIVERSO

 

FAMILIAS!!!!!!

XA ESTAMOS AQUI!!!!

COMO SABEDES ESTE TRIMESTRE OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL ESTAMOS A TRABALLAR ESE MISTERIOSO MUNDO DO UNIVERSO...ASÍ QUE ESTADE MOI ATENTOS PORQUE DE CANDO EN VEZ COLGAREMOS COUSIÑAS NA WEB QUE SEGURO QUE VOS ENCANTARÁN!!!!!!!!!!!!!!!!!

UN SAUDIÑO!!!!

 

EXCURSIÓN AO PLANETARIO, A CASA DAS CIENCIAS E A TORRE DE HÉRCULES DA CIDADE DA CORUÑA

A nosa excursión do 2º trimestre foi xa en xaneiro e consisteu  nunha viaxe á Coruña para visitar o Planetario, onde nos iniciamos no coñecemento do universo, as constelacións de estrelas, os planetas,... Tamén demos unha volta pola Casa das Ciencias. Alí descubrimos UN FÓSIL DE DINOSAURO! Onde se observaban as marcas de plumas que nos demostraban que algúns dinosauros tiñan plumas no seu corpo. Ademais había unha vitriña chea de dinosauros de xoguete.

Na Casa das Ciencias vimos algunhas cousas máis, unha esfera terrestre xigante, un enorme escarabello, o grande péndulo de Foucault, unha exposición de fotos curiosas e unha incuvadora de ovos na que poidemos ver como os poliños comezaban a romper a casca, aínda que non tivemos a sorte de velos sair da mesma.

Tiñamos pensado visitar o exterior da Torre de Hércules, pero o mal tempo so nos permiteu vela dende o autobus. Non importa, quédanos para a próxima!

Distribuir contido


by Dr. Radut