OS NENOS E NENAS DE 2º CICLO TIVERON UNHA CHARLA DE EDUCACIÓN VIAL, E OS NENOS E NENAS DE 3º CICLO TIVERON UNHA CHARLA DE COEDUCACIÓN. TANTO UNHA COMA OUTRA FORMAN PARTE DUNHA SERIE DE SESIÓNS PARA TRABALLAR ESTES CONTIDOS AO LONGO DO CURSO.
O PASADO VENRES TIVEMOS UNHA SAÍDA MOI EMOCIONANTE!
INVITADOS POLO CONCELLO FUMOS A MONTAR EN KART. A EXPERIENCIA FOI MOI BOA, AÍNDA QUE ALGÚNS XA ERAN CASE PROFESINAIS DO VOLANTE, MENUDAS CURVAS COLLÍAN! ADEMAIS TAMÉN NOS INVITARON A UN REFRESCO E TÍÑAMOS COLCHONETAS PARA SALTAR.
DESPOIS ESTIVEMOS OS DE 2º CICLO E 5º VISITANDO A SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL E OS DE 6º FORON AO INSTITUTO (XA QUE DENTRO DE POUCO SERÁ O SEU NOVO CENTRO).
NA SGHN QUEDOUNOS CLARO QUE UN KRAKEN.....NON É O MESMO QUE UN CALAMAR XIGANTE!
HOXE ESTIVEMOS FACENDO DE PASTELEIROS...FIXEMOS UNHA RIQUISIMA TORTA DE CHOCOLATE!
SE QUERES FACELA NA CASA, COLLE PAPEL E LAPIS E INTÉNTAO, É MOI SINXELO...
INGREDIENTES: GALLETAS, 1L DE CHOCOLATE CON LEITE, 1L DE NATILLAS E UN POUCO DE LEITE
MOLLA AS GALLETAS EN LEITE E FAI UNHA CAPA SOBRE UNHA BANDEXA. BÓTALLE UNHA CAPA DE CHOCOLATE E FAI OUTRA CAPA DE GALLETAS. BÓTALLE AGORA UNHA CAPA DE NATILLAS E UNHA ÚLTIMA CAPA DE GALLETAS. FINALMENTE CUBRE TODO CON CHOCOLATE E DECORA COMO MÁIS CHE GUSTE. XA TES A TÚA TORTA! AGORA A DEIXAR A TODOS ABRAIADOS E A COMELA!
ANÍMATE A FACER TAMÉN DE PASTELEIRO NA TÚA CASA!