Iniciar sesión: Acceso

PROGRAMA "PONTE NO MEU LUGAR" DE ASPANEPS

O 13 de febreiro de 2009, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria, participaron por segundo ano consecutivo, no programa de "Ponte no meu lugar" organizado pola Asociación ASPANEPS en colaboración co Concello de Ferrol.

O obxectivo é dar a coñecer a realidade das persoas con discapacidade, para isto faise unha exposicións no colexio duns carteis que aporta a Asociación, traballaron ó longo desa semana nunha unidade didáctica e por último fixeron unha sesión práctica.

Consideramos que é unha experiencia moi positiva e enriquecedora, que traballa uns valores fundamentais para a formación integral dos nosos alumnos e alumnas.

 

   

 

 Os nenos e nenas poden poñerse na pel dos outros, dende o momento que teñen que desprazarse coas cadeiras de rodas e cos antifaces, comprobando a dificultade que pode supoñer a vida para as persoas con algunha discapacidade física. 

 

 

   

 

 

É tamén,o poden ver dende a súa perspectiva axudando os compañeiros/as cando o precisan.