O 13 de xuño, realizouse a excursión de final de curso ao Parque Natural de Marcelle ( Outeiro de rei. Lugo). Actividade programada para todos os niveis educativos do colexio.
A A.N.P.A e o colexio fixeron unha aportación económica para levala a cabo.
Esta saida foi todo un éxito, tanto no aspecto educativo como no aspecto lúdico.
Ollemos algunhas fotografías para ver como nenos /as e profes disfrutaron deste día.
Xunto cos monitores/as observaron distintos animais: bisontes, cebras, avestruces, ñandues, llamas, cervos...
Así como as formas de vida dos indios.
Todo isto nun incomparable entorno natural, do que amosamos algunha imaxe para non esquencer este día.
Esperemos que o ano próximo resulte tan ben.