Iniciar sesión: Acceso

CONTOS EN FAMILIA: "O SEGREDO DA TORRE"

O día 26 de novembro visitounos Maite, a nai de Julen Xabier de 4 anos, para participar no proxecto "Contos en Familia". Maite tivo a xentileza de crear, ela mesma, un conto para esta ocasión. O conto titulábase "O Segredo da Torre" e narraba as aventuras dunhas panadeiras que non querían compartir o segredo da receita do pan.

   

 

   

 

 

Agora que xa estamos en tempo de Nadal e as nenas e nenos xa están a facer as súas cartas para Papá Noel, Maite pretendía que as nenas e nenos se concienciaran de que teñen que compartir, de que non poden pedir un montón de xoguetes a Papá Noel porque hai outras nenas e nenos que non teñen nin sequera as cousas básicas para poder vivir. E así, baixo o lema "QUE A NINGÚN NENO/A LLE FALTE...", propúxolles facer un mural no que pegaran recortes de cousas que aparecen nos folletos dos supermercados e son moi moi necesarias para vivir. As nenas e nenos, encantados coa idea, puxéronse a traballar e este foi o resultado...

   

 

   

 

E despois de recortar todo o necesario, chegou a hora de pegar as cousas super necesarias no mural...

   

   

QUE BONITO!!  VERDADE?

ANIMÁDEVOS A VIR!!!    ESTAMOS ESPERÁNDOVOS!!!!