Iniciar sesión: Acceso

blogue deadmin

RECOMENDACIÓNS PARA A CASA 1º E 2º

Bos días.

Son Candi.

Mándovos unhas recomendacións para traballar contidos relacionados coas rutinas diarias que estes días veñen moi ben.

Antes de nada mandarvos moito ánimo para que traballedes con ledicia e sen desesperación.

Establecer uns horarios tamén podería axudar a levar esta situación mellor.

Sodes uns campións!

  • Tódolos días imos a repasar o día que é, o día anterior e posterior. Tamén imos a lembrar o mes no que estamos e a estación, xa que pronto teremos un troco.

Non estaría de máis escribilo.

  • Relacionamos as rutinas do almorzo, xantar, merenda e cea, baño… coa hora do reloxo. Imos a ir mirando a hora do almorzo, a hora da ducha e así cada cousiña que fagamos.

Sobre todo para familiarizarnos co reloxo.

  • Quería propoñer tamén unha actividade para traballar os conceptos máis que…/ menos que… podemos repartir pinturas ou pinzas para colgar a roupa entre dúas persoas da casa e comprobar quen ten máis, cantas máis, que operación temos que facer para chegar a sabelo. E o mesmo co concepto menos que… xa sabedes que non é necesario repartir moitas. Lembrade o que practicamos na clase.
  • Ademais de ir facendo as fichas que vos mandei nas carpetas.
  • Debuxar e colorear.
  • Ler un pouco cada día.
  • Xogar a xogos de mesa: parchís, oca, dominó…

Xa tedes moitas cousas para facer. Descansade e gozade tamén do tempo en familia, sen desanimarse. Mándovos un saúdo cóbado con cóbado.

ANIMooOOOoooo. 

Distribuir contido