Colaboración Familias: Maratón Solidario 2018

Estimadas familias co motivo da celebración do Maratón Solidario, Día da Paz, que se celebrará o vindeiro 30 de Xaneiro no centro, se o tempo o permite: http://maraton.ceipdelaredo.com

Pregámosvos a colaboración a todas aquelas familias que teñan dispoñibilidade para realizar tarefas organizativas co ANPA, previa comunicación con Macarena-Montse.

Así mesmo lebrarvos que os dorsais das familias estarán dispoñibles a partir de mañá de 09-09:30.

Por último, podedes colaborar en traer para ese Martes un PEQUENO PUÑADO de Froitos Secos, exemplo:

  • Educ Infantil: Cacauhetes ou Noces
  • 1º+2º: Pistachos ou pasas
  • 3º+4º: Anacardos ou améndoas
  • 5º+6º: Piñones ou abelás