Plenario no Concello - UNICEF (22/11) 5ºEP

Mañá mércores o alumnado de 5º de EP irá ao Concello de Redondela para asistir a un plenario onde serán os protagonistas das necesidades da nosa entorna, concretamente defenderán ante outros alumnos/as, os concelleiros e alcalde o proxecto de contaminación acústica comezado o ano pasado no centro http://mapasonoro.ceipdelaredo.com  e con continuidade ata o 2020.

Votacións, discusións, preguntas e intervencións....son as dinámicas deste pleno real que pretende achegar as necesidades dos alumnos ao concello dentro do proxecto de UNICEF "Ciudades Amigas de la Infancia."

O pleno retransmitirase en directo dende redondela.tv