Martín de la Puente, un olímpico que nos visitará este Luns. 3º+4º+5º+6º (03/04)

A vida de Martín é toda unha historia de superación.

Este vigués padece síndrome de Proteus, unha enfermidade das denominadas raras que o fai depender dunha cadeira de rodas dende os nove anos. Pero esto non foi impedimento para que dende moi novo sexa un dos máis destacados tenistas do panorama paraolímpico nacional, participando nos recentes Xogos Paraolímpicos de Brasil e acadando títulos como 3 veces campión do mundo junior en cadeira de rodas e moitos outros grandes éxitos, sendo 5º mellor do mundo actualmente.

Ao longo da xornada do vindeiro luns, 3 de abril, o alumnado de educación primaria recibirá a Martín no noso centro e compartirán con él un obradoiro de superación, humildade, deporte e esforzo...e tenis moito tenis.