"Esmeraldina, a pequena defunta" e Ledicia Costas visitan o noso centro!!! 5+6EP (03/04)

O vindeiro luns, 3 de abril, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria conta un curso máis coa visita da escritora Ledicia Costas. Ao longo da mañá falaranos da súa recente obra “Esmeraldina, a pequena defunta” que o noso alumnado leu e traballou no itinerario lector deste curso.

Unha ocasión especial para preguntar e intercambiar impresións, á vez que se achegan ao proceso de creación literaria da man dunha das máis destacadas e recoñecidas autoras do panorama literario galego actual.