Como xa sabedes, Faro da Escola e un dos proxectos nos que vimos participando ao longo destes últimos cursos.
Esta iniciativa, implementada nas etapas educativas de educación infantil e primaria, ten como obxecto achegar ao alumnado as técnicas xornalísticas.
Con este fin, profesionais do xornal visitaron o pasado trimestre o noso centro e, posteriormente, foron os nosos alumnos e alumnas os que participaron, xunto outros escolares da cidade de Vigo, nun encontro con xornalistas e fotógrafos profesionais. Logo desta formación inicial o noso alumnado elaborou o Xornal Escolar do noso centro e que nestes momentos atópase en proceso de impresión.
O vindeiro mércores, unha representación do noso alumnado (5º e 6º de Educación Primaria) asistirá ao Auditorio Mar de Vigo onde, xunto cos outros centros que tamén participaron neste mesmo proxecto, farán unha posta en común da experiencia á vez que se realizará a Entrega dos Premios Faro da Escola aos mellores traballos xornalísticos.