Como xa sabedes, “Carlos Casares. 17 anécdotas para o 17 de maio”, é a nosa proposta didáctica sobre o escritor ourensán Carlos Casares ao que se lle adica este ano o Día das Letras galegas. Este exhaustivo traballo, no que se recollen interesantes aportacións biográficas e do seu legado, trascende do noso centro educativo e recólleo o Portal da Lingua Galega da Xunta de Galicia. Bríndasenos así unha oportunidade única de contribuir ao recoñecemento deste persoeiro das letras galegas.
Enlace á páxina: http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas