Saída "La Molinera-Ourense" Centro Innovación Tecnolóxica Social e Dixital 5º+6º (17/01)

O vindeiro martes, 17 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, está convidado a visitar o complexo “La Molinera”, un Centro de Innovación Social e Dixital sito na cidade de Ourense. Acompañados de Sonsoles Castiñeira (@nosomar2002) organizadora do STARTUP Galicia.

Informáticos, Deseñadores, xoves emprendedores...do mundo dixital formarán ao noso alumnado en ferramentas tecnolóxicas e nos últimos avances en robótica.

A planificación da saída será a seguinte :

  • 09:10 h: Saída do colexio.
  • 10:15 – 12:00 h: Chegada ao centro. Presentación dos espazos e a súa finalidade. Conversas cos emprendedores/especialistas no coworking (espazo de tranallo colaborativo). Realización dinámicas de deseño visual (Canvas)
  • 12:00 – 12:15 h: Pausa e merenda.
  • 12:15 – 13:45 h: Faladoiro e prácticas de robótica e impresión 3D.
  • 13:45 – 14:25 h: Comida.
  • 15:30 h: Chegada estimada ao colexio.

* Cada neno/a deberá traer unha merenda lixeira para a pausa de media mañá e a súa comida.

* As familias poderán realizar un seguemento a tempo real da saída dende a APP do centro>> Documentos de Interese>> Seguemento Saídas;  ou na web do centro