A biblioteca do centro acollerá o vindeiro luns 5 de decembro un contacontos sobre a vida dunha grande bióloga galega: "Ángeles Alvariño". A actividade, á que asisitirá o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria, finalizará cun taller de comunicación que trata de inculcar o valor da investigación e do compromiso así como para facer valer o importante traballo das mulleres en todos os eidos da vida, neste caso no académico e científico. A charla entronca coas realizadas na semana pasada que versan sobre a ciencia e a muller:
Máis info: http://mujeresconciencia.com/2016/09/19/angeles-alvarino- la-gran- oceanografa/