Faladoiro sobre o coidado do medio ambiente: 5+6º (02/12)

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participarán hoxe venres, na biblioteca do colexio, nun faladoiro sobre o coidado do medio ambiente que impartirán profesionais da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela. Ao longo da sesión os nosos nenos e nenas aprenderán sobre a importancia da compostaxe, afondarán na reciclaxe e achegaranse un pouco máis á riqueza dos ecosistemas da nosa contorna. Unha experiencia, sen dúbida, do máis verde!

Máis info: http://www.lineaverderedondela.com/