Visita Museo Marco. 1º+2º (02/12)

O vindeiro venres 2 de decembro alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria visitarán no Museo Marco de Vigo a exposición “Mulleres do silencio”.  A mostra, que reúne preto dun centenar de obras procedentes de diferentes museos e coleccións particulares, achéganos a diferentes xeracións de mulleres artistas do século XX ou XXI.

Obras de Maruja Mallo, Julia Minguillón ou Angela de la Cruz son algunhas das máis relevantes.  Para rematar a visita ao museo, o alumnado participará nun obradoiro no que poñer en práctica as súas dotes artísticas.   

Máis info: http://www.marcovigo.com/content/mulleres-do- silencio-de- maruja-mallo- angela- de-la- cruz