Recibimento da Presidenta da Diputación a ESENCIA LAREDO. 5º+6º (30/11)

O noso alumnado en liña ao traballo iniciado o curso pasado coa microempresa educativa Esencia Laredo participará no proxecto “Depoemprende na Escola” na que compartirán a súa experiencia con outros escolares emprendedores.

O inicio do proxecto arranca o mércores 30 de novembro cun acto de recoñecemento a nosa empresa presentándose "en sociedade" no mesmo no Pazo Provincial de Pontevedra (Edificio da Deputación de Pontevedra) ao que vai asistir o alumado de 5º e 6º de Educación Primaria.

No pazo o noso alumnado explicará a súa empresa, as súas intencións para este ano,  e os seus produtos; posteriormente terán un Networking Breakfast para relacionarse con empresas educativas similares así como recibirán un CIF simbólico da man da presidenta da Diputación Carmela Silva pola súa excelente idea e labor do ano pasado e proxecto para este ano.