Saída Teatro "Dé Fábula" 1º+2º EP (30/11)

O mércores 30 de novembro alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria teñen unha cita ás 10:00 horas no Teatro Gracía Barbón de Vigo para asistir a unha representación teatral que leva por título: “De fábula”. Da man de Artello Teatro coñecerán a Bulebule, unha raposa que podería ter saído dun conto de Esopo, e que vén contarnos que deixa a casa dos seus pais para independizarse no bosque.

Ao longo de unha hora, as aventuras da nosa protagonista teñen lugar nun escenario que recrea un bosque a partir de tecidos reutilizados.

Ademais, unha música orixinal contribúe a encher de maxia o ambiente. Máis info: http://www.artello.com/