Saída 5º-6º (29/11): Escuela de Alimentación

O martes 29 de novembro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria vai participar no programa “Enerxía para crecer: escola de alimentación” co fin de incidir na importancia de adoptar unha alimentación equilibrada.

Para elo levaranse a cabo dúas actividades:

  • 10:30 – 11:30: Exposición teórica, na biblioteca do centro, da man dunha especialista en nutrición.
  • 12:00 – 13:30: Visita a un supermercado de Vigo para simular compras poñendo en práctica os coñecementos aprendidos sobre nutrición (creando un carrito equilibrado nutricionalmente) e degustar unha cata de froita fresca e zumes naturais.

Máis info: http://www.escueladealimentacion.es/es