Obradoiro de Xornalismo (16/11 - de 3º ata 6º)

O vindeiro mércores, 16 de novembro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, recibirán no centro unha visita moi especial. Un equipo multidisciplinar composto por diferentes profesionais do xornal, explicarannos todas as claves do proceso de elaboración dun xornal, tanto dende o punto de vista informativo como material. Explicarán os distintos tipos de formatos das páxinas, as seccións, a maquetación das novas e anuncios, as fotografías que se inclúen, etc e mostrarán a forma de abordar tecnicamente toda esta labor dende un centro escolar para posteriormente crear un, tal e como o fixemos o ano pasado. Unha xornada única na que os nosos cativos se converteran en pequenos xornalistas.