Agradecemento a Floristeria Vidal...Comezamos "EsenciaLaredo Nº 6" con pensamentos!!!

Este ano recomezamos o noso particular "horto escolar vertical aromático" cargado de sorpresas. Tras un obradoiro de introdución sobre o coidado das prantas e flores que teremos no centro para a creación de tintes, colonias e moitas máis sorpresas...Esther Vidal (nai de Pablo Covelo 6º Primaria) propietaria de Floristeria Vidal , agasallou a todo o alumnado do centro cun "Pensamiento" para que o cultive, mime, coide e alimente...todo unha acción chea de poesía e simbolismo a prol o coidado do medio ambiente. 

Grazas Esther!!!