Participa na nosa campaña de mobilidade segura..."acende o teu latexo"

Dentro dos proxectos en seguridade do centro participamos xunto coa DGT nun programa piloto sobre “Mobilidade Sostible e Segura” no que o alumnado debe realizar unha serie de traballos xunto coa policía nacional de diagnose do entorno en materia de prevención das rutas escolares peonís.

Como dinámica de participación vos propoñemos que durante toda a semana do 14-18 de Novembro acendades o “latexo” (un corazón luminoso enviado xunto con esta circular, salvo ao alumnado de 3 anos que xa o teñen dende xuño coa matrícula) e o poñades nun lugar visible (no peito, na asa da mochila...) nos desprazamentos dende a casa ao centro e do centro a casa. Preténdese sensibilizar a toda a comunidade a existencia dun entorno educativo nas inmediacións para maximizar as precaucións así como que as diferentes administracións tomen as medidas oportunas sobre sinalizacións, pasos de peóns, malas sinalizacións...de centros como o noso sen transporte escolar.

Grazas por participar...

En breve vos pediremos a colaboración para facer unha enquisa anónima sobre a ruta que realizades e os perigos que vos atopades...enquisa a que agradeceríamos a máxima participación.