Obradoiro sobre coidado e mantemento da nosa horta aromática

 

Mañá temos un obradoiro sobre aspectos básicos de coidado e mantemento da nosa horta aromática. Como o ano pasado retomaremos o cultivo de prantas aromática para a creación de perfumes e colonias con fins solidarios dentro da nosa empresa "ESENCIA LAREDO" a cal con brevidade comezará a súa produción e andaina formativa con persoeiros, empresarios, bancos, nichos empresariais e startups...todo elo coa intención de fornecer o aspecto medio ambiental e a iniciativa e espírito emprendendor no alumnado de primaria (competencia recollida na LOMCE)