Consello Escolar 2016-2017: Constitución, Mesa electoral e Candidaturas

Mañá constituirase no centro a Xunta Electoral a cal levará todo o proceso de organización das votacións tendo como ordes do día: 

  • Aprobar o calendario de datas expostos na anterior nova.
  • Proposta de Mesa Electoral por sorteo ( dous pais/nais  serán propostos para estar a pé de mesa o 28 de novembro).
  • Publicación de Censo das Familias.
  • Aprobar os oficios para as diferentes administracións e entidades. 

Dende mañá mesmo as familias interesadas poderán recoller a solicitude na secretaría para presentar a súa candidatura (entrega na secretaría de 7 -17 novembro)