Concerto Didáctico no centro (03/11)

Mañán, xoves 3 de novembro, temos unha visita moi especial no noso centro.

Un avó (Antón Cabaleiro) e un pai (Marcos Campos) de alumnos de 1º e 3º de educación primaria, vannos ofrecer un concerto didáctico de música tradicional. Grazas a eles os nenos e nenas de educación infantil e primaria poderán achegarse a instrumentos musicais propios da nosa tradición como a gaita, acordeón ou tambor.

Moitas grazas familias.