Participa na nosa Biblioteca

Estimadas familias: Dende a Biblioteca de Leo o León queremos convidarvos a que participedes nas seguintes actividades:

  • Contando un conto
  • Demostrando as vosas dotes musicais ensinando ou tocando un instrumento.

Realizaranse, preferentemente, os xoves no horario do recreo ( de 11:30 a 12:00). Para axustar unha data, cubride os seguintes datos e entregádellos á titora do voso fillo/a. (enviarase circular maña venres 14/10)

Os avós e avoas tamén están convidados!

Moitas grazas pola vosa colaboración!