Obradoiros de Ciberseguridade (Alumnado - Familias)

Un curso máis o noso centro foi escollido pola súa actividade e dinámica educativa para participar no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos seus contornos.

Promovido polo Corpo Nacional de Policía e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ten como finalidade incrementar o coñecemento do alumnado e das familias acerca dos riscos asociados as novas tecnoloxías e o uso das redes sociais.

Coa información de achegalos a esta información levaranse a cabo con axentes especializados do Corpo Nacional de Policía, os seguintes faladoiros:

  • Alumnado - Obradoiro sobre ciberseguridade- Alumnado de 5º e 6º Ed. Primaria: Martes 11 de outubro. 12:30h. Biblioteca.
  • Familias - Faladoiro sobre ciberseguridade para todas as Familias do centro (TODOS os cursos e etapas Infantil+Primaria): Martes 25 de outubro. 17:00h. Biblioteca. (de moito interese pola súa practicidade)

+Máis información: http://www.interior.gob.es/web/servicios-al-ciudadano/planes-de-prevencion/plan-director-para-la-convivencia-y-mejora-escolar