Recollida de Roupa e Calzado Usado (28-29-30/09)

Dende o centro como cada ano colaboramos con diferentes asociacións solidarias, concretamente este ano con Global Humanitaria"India e Guatemala",  así pois recolleremos calzado e roupas varias (nenos, bebés, adultos) os días  28/29/30 de setembro. 

Procedemento: 

  • As bolsas para traer a roupa poden ser recollidas no comedor de 09 ou 14h dende hoxe mesmo.
  • O depósito da roupa/calzado... (nas bolsas debidamente pechadas) realizarase durante os días 28/29/30 de Setembro na porta do Soto.

Grazas por colaborar.