ANPA: Extraescolar Atletismo CAR

A Asociación Deportiva C.A.R, do mesmo xeito que en pasadas tempadas, pon a disposición de todos aqueles interesados a ESCOLA DE ATLETISMO do Club,de 5 a 16 anos, cuxa finalidade é a de potenciar o atletismo de base mediante a súa introdución, iniciación, perfeccionamiento e promoción entre os nenos e novos, utilizando o deporte como ferramenta de formación e educación. Para proceder á matriculación de o/os alumnos na Escola, deberá cubrirse na súa totalidade un Boletín de Inscripción, no que se reflectirán os datos persoais do alumno, así como unha autorización por parte dos pais ou titores.

Será obligatoria a presentación dunha fotocopia do D.N.I e unha fotografía tamaño carnet actualizada (novos).

Os grupos que se establecen para o presente curso 2016?2017 son os seguintes:

  • Prebenjamines (2010 e posteriores)
  • Infantís (2005 e 2004)
  • Benjamines (2009 e 2008)
  • Cadetes (2003 e 2002)
  • Alevines (2007 e 2006)
  • Xuvenís (2001 e 2000)

Lugar: Instalacións deportivas do I.E.S. Illa de San Simón (Redondela).

Duración: De Outubro a Xuño (salvo inconvenientes).

Os horarios para este curso que comezara o luns 3 de octubro serán en principio os mesmos da pasada campaña:

  • Luns Martes Xoves 16:30 a 17:30
  • Prebenxamin Benxamin 16:30 a 17:30
  • Prebenxamin Benxamin 18:15 h a 19:15 h
  • Prebenxamin Benxamins 17:30 a 18:30
  • Alevin Infantil 17:30 a 18:30
  • Alevin Infantil 19:15 h a 20:15 h
  • Alevins Infantil Cadete Xuvenil 18:30 a 19:45
  • Cadetes Xuvenil 18:30 a 19:45

Mas información na Zapateria Deportiva Susuela ( Adro nº 32) Redondela en horario comercial de 10:00 h a 13:30 e de 17:00 a 20:30 h,o na dirección de correo car.redondela@gmail.com.

O prazo de inscripción iníciase o 19 de setembro de 2016.