Francés obrigatorio en 4º-5º-6º

 

A diversificación do ensino das linguas estranxeiras en idades temperás é unha necesidade no noso marco socio-cultural actual.

De aí que o compromiso do centro nos vindeiros dous anos sexa o de aumentar o número de horas en inglés e asentar as bases da lingua e cultura francesa, convertindo ao centro nun verdadeiro centro plurilingüe.

Nesta mesma semana acábasenos de autorizar a impartición da lingua francesa en 5º de primaria e a consolidación desa mesma lingua en 4º e 6º como materia obrigatoria. Tendo así un continuo de 3 anos onde o noso alumnado preparase na cultura e iniciación dunha 2ª lingua estranxeira no centro sendo así o noso colexio o único centro de primaria en toda galicia que ten esta oferta curricular.