140.000€ para facer reformas no centro!

Hoxe Venres tivemos a confirmación da Unidade Técnica e dos seus arquitectos do proxecto de reforma do centro o cal terá unha inversión duns 140.000€ para poder realizar un aula multiusos adecuada o número de alumnado, reforma nos baños adaptados para infantil, ampliación de sobrecubertas e soto e nivelación do patio e outras reformas varias. Grazas as cales melloraremos a calidade das instalacións.

Grazas a toda a comunidade educativa polos apoios e axudas recibidas e especialmente a nosa ANPA por implicarse con tesón nas reunións e toma de decisións cos persoeiros e políticos.

Ver nova na prensa