Obradoiro "O sabor da aventura está no mar" (15/06) 1º+2º+3º

"Os Arroases son unha cuadrilla de 7 nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe pero detectaron hai un tempo que a outros nenos e nenas non lles gusta moito o peixe, por iso están dispostos a facer que as cousas cambien. Os seus superpoderes os axudarán na importante misión de facer chegar a súa mensaxe a cerca da importancia de adquirir un hábito alimentario saudable e equilibrado."

O final da aventura a modo de obradoiro/teatralizado coñeceránna de primeira man os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria o vindeiro mércores 15 de xuño na visita que van facer ao noso centro educativo para fomentar e sensibilizar no consumo de peixe e nos alicerces dunha dieta mediterránea. Esta acción está dentro dos nosos programas de hábitos saudables.