Saída AMENCER - ASPACE (14/06) 6º Primaria

Como xa sabedes, o centro educativo e de día AMENCER-ASPACE ven colaborando con nós no noso proxecto “Esencia de Valores”.

Os usuarios e usuarias do centro de día elaboráronnos as caixas nas que imos empaquetar a nosa produción de esencias e a semana pasada viñeron ao noso centro a facer entrega destas caixas e a coñecernos. Aproveitaron tamén a súa visita para convidar ao alumnado de 6º de Ed. Primaria a que os visitemos no seu centro de día sito en Campolongo. O vindeiro martes, 14 de xuño, temos previsto facerlles a visita e pasar xunto a eles unha xornada de convivencia e actividades de integración, así como dar a coñecer a súa labor ocupacional no sector da discapacidade.