Axudas para o Alumnado de Educ. Infantil (2016-2017)

 

Convocatoria para a concesión de axudas para a adquisición de libros e material escolar para alumnado de 3 a 5 anos empadroados en Redondela para o curso 2016-2017

a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación infantil (segunda etapa), nun dos centros públicos de Redondela durante o curso escolar 2016/2017.

b) Estar empradronado no municipio de Redondela.

c) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 8.125,00 € no caso de familias monoparentais e de 7.500,00 € no caso do resto das familias. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 5.

e) Estar ao corrente por todos os conceptos nas obrigas tributarias e non tributarias coa facenda local, e os seus organismos autónomos.

f) Atoparse ao corrente no cumprimento das demais obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.

Entregar no Rexistro do Concello ata o 11 de xullo inclusive

Descargar convocatoria

Ver todas as axudas

 

AdxuntoTamaño
BASES 2016-2017-AXUDAS LIBROS INFANTIL CURSO 2016-2017.pdf1.17 MB