Obradoiro de Pizzas Saudables (27/05) 3º+6º

O vindeiro venres 27 de maio, o alumnado de 3º e 6º de Educación Primaria ten programada unha saída didáctica a Vigo para participar nun obradoiro de cociña no que aprenderán a elaborar pizzas caseiras. Ao remate da mesma degustarán as súas propias elaboracións polo que non é preciso que leven a merenda de media mañá.

A saída do centro farase ás 09:45 horas e o regreso ao mesmo arredor das 12:45horas.