Avaliación individualizada de 3º curso de Educación Primaria

Ao longo destes días desenvóldese na nosa comunidade autónoma a proba da avaliación individualizada de 3º curso de Educación Primaria. A información que se recollerá nas probas realizadas polos alumnos ampliarase e contextualizarase cos cuestionarios do alumno e das familias. Coas vosas respostas calcularán o ISEC (Índice Socioeconómico e Cultural) do noso centro, aspecto determinante para a interpretación posterior dos resultados obtidos na avaliación.

Con esta finalidade, todas as familia cun fillo/a en 3º de Educación Primaria deberán cubrir este cuestionario entre os días 24 e 31 de maio.

Poderase facer mediante algún destes dous medios:

  • En liña: No seguinte enderezo electrónico e coa clave de acceso da familia ao mesmo. http://www.edu.xunta.es/cuestionarioavaliacions.
  • En soporte papel: Cuberto o cuestionario que se vos enviou farase entrega do mesmo á titora antes do 31 de maio. Recoméndase entregalo dentro do sobre pechado para garantir a confidencialidade do mesmo.