Unha Aventura no Mar (1º+5/4 anos Educ. Infantil) 25/05

Mañán, mércores 25 de maio, o alumnado de 1º de Educación Primaria e 5º e 6º de Educación Infantil, asistirá a unha interesante saída didáctica enmarcada dentro do programa “O sabor da aventura está no mar”. A programación da mesma é a seguinte:

 

  • 9:45-10:15.- Visita á praza de abastos de Chapela.
  • 10:30-11:30 - Visita á praza de abastos de Redondela.
  • 11:30-12:30 Cátering: merenda mariñeira.
  • 13:00-13:40 Visita á lonxa de Vilaboa.

 

Durante a visita ás prazas de abastos de Chapela e Redondela van coñecer a gran variedade de produtos pesqueiros e marisqueiros que se poñen a disposición do consumidor, a etiqueta dos produtos e os aspectos que determinan a súa frescura. Ademais, permitirá coñecer e a poñer en valor as características do comercio minorista de Redondela e a actividade diaria dunha praza de abastos.

Para terminar a visita ás prazas, degustarán un pequeno cátering coa finalidade de coñecer os alimentos do mar desde o punto de vista culinario. Poderán saborear preparacións a base de produtos da terra e mar nos que cobrará especial protagonismo a participación dos nenos e nenas.

Para completar a saída, na visita á lonxa de Vilaboa poderán observar as especies que se capturan na contorna: o berberecho, os distintos tipos de ameixas e, incluso, algún choco. Ademais, coñecerán as artes coas que se capturan, as roupas de traballo, como se pesa o marisco, como se etiqueta e como se vende.