Axudas para o curso 2016-2017

SOLICITUDE ÚNICA DE 3 AXUDAS PARA O CURSO 2016/2017

1. Fondo solidario de libros de texto (3º, 4º, 5º e 6º de EP): Pode solicitar todo o alumnado destes cursos, con independencia da renda per cápita; os libros dispoñibles repártense entre os admitidos por orde inversa á renda per cápita, ata que se esgoten.

a. As familias que obtiveran algún tipo de axuda o ano pasado e/ou desfrutaran do fondo libros devolveran todos os libros en perfecto estado, no seu defecto non poderán solicitar axuda este ano.

b. As familias que mercaran os libros sen axudas poden doalos voluntariamente ao centro (prégase comunicalo vía axenda do alumno/a a titora) para beneficio da comunidade e contabilizalos.

2. Axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º de EP): · Renda per cápita igual ou inferior a 5.400 Є: EP 170 € · Renda* per cápita igual ou inferior a 9.000 Є: EP 90 € · Alumando de EE ou con discapacidade igual ou superior ao 65 %, 250 €, con independencia da renda.

3. Axudas para adquirir material escolar (EP): só renda* per cápita igual ou inferior a 5.400 €: 50 €. * Non se aplica o límite de renda ao alumnado tutelado pola Xunta de Galicia, ao alumnado de EE ou con discapacidade igual ou superior ao 65 % Pódese consultar e descargar toda a información/solicitudes para o curso 2016/2017 dende: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaredo/?q=node/166 e ou na secretaria do centro.

AS SOLICITUDES ENTREGARANSE DEBIDAMENTE CUBERTAS ANTES DO 3 DE XUÑO 2016