AVALIACIÓN FINAL DE ETAPA 6º EDUCACIÓN PRIMARIA: CUESTIONARIO DO ALUMNO E DAS FAMILIAS

Ao longo destes días desenvóldesenvolvéronse na nosa comunidade autónoma a proba da avaliación final de educación primaria do alumnado de 6º de Educación Primaria. A información que se recollerá nas probas realizadas polos alumnos ampliarase e contextualizarase cos cuestionarios do alumno e das familias.

Coas vosas respostas calcularán o ISEC (Índice Socioeconómico e Cultural) do noso centro, aspecto determinante para a interpretación posterior dos resultados obtidos na avaliación. Con esta finalidade, todas as familia con un fillo/a en 6º de Educación Primaria deberán cubrir este cuestionario entre os días 11 e 18 de maio.

Poderase facer mediante algún destes dous medios:

  • En liña: No seguinte enderezo electrónico e coa clave de acceso da familia ao mesmo. http://www.edu.xunta.es/cuestionarioavaliacions
  • En soporte papel: Cuberto o cuestionario que se vos enviou farase entrega do mesmo á titora antes do 18 de maio. Recoméndase entregalo dentro do sobre pechado para garantir a confidencialidade do mesmo. Moitas grazas pola colaboración.