O vindeiro xoves 12 de maio o alumnado de 4º de Educación Primaria participará nunha xornadas de aproximación á loita olímpica organizadas polo Servizo provincial de deportes da Xunta de Galicia no Pavillón de Valladares.
A actividade ten como finalidade explicarlles diferentes técnicas da loita a través de xogos como a sogatira (tiro de corda), expulsión do compañeiro dunha zona, atrapar a cola de cabalo... e achegalos así a esta disciplina.