OLI E LEOCADIO O LEÓN: VISÍTANOS UN ESCRITOR.

O vindeiro luns 9 de maio o alumnado de 1º e 2º de educación primaria contan cunha visita do máis especial: o escritor de literatura infantil Oli. Ao longo da mañá  falarannos da súa obra “Leocadio, o león” que ben coñocen os nosos posto que traballaron nela ao longo destas semanas.  Tratarase, sen dúbida, dunha ocasión especial coa que achegar ao alumnado ao proceso de creación literaria da man dun experto autor do panorama literario galego actual.