Obradoiro de Monicreques 08/03 (1°+2°+3°)

Maña 8 de marzo realizaremos no centro un obradoiro de monicreques de luva gracias a compañía Tanxarina para o alumnado de 1°,2° e 3°.

Nas sesións que conforman o obradoiro farase unha pequena introdución histórica ás diferentes técnicas de manipulación, e trataranse diferentes recursos e materiais como o modelado da cabeza en barro ou plastilina, aplicacións de cartón, o deseño e a montaxe das mans, estucado, pintado, vestiario, a ensamblaxe e o remate, e as distintas posibilidades de animación e manipulación.