Un curso máis o noso alumnado de 6º de educación primaria, participa no programa de educación financieira: Valores de futuro.
Promovido dende a Obra Social do BBVA, ten como obxectivo o fomento da reflexión, o debate e o diálogo na aula sobre os valores asociados o bo uso do diñeiro.
Ao longo de tres obradoiros fundamentalmente prácticos e participativos e importidos por persoal voluntario da institución, o noso alumnado achégarase a reflexións interesantes mediante a posta en marcha de dinámicas grupais como role playing , representacións, visualizacións de material dixital, debates, etc. Unha forma lúdica, sen dúbida, de achegalos a concienciación da necesidade de facer un uso responsable dos seus cartos.