Faladoiro "O Monte Vivo" (11/11) 4º, 5º e 6º

Un curso máis contamos coa presencia no centro con Axentes Forestais da Consellería de Medio Rural e do Mar para impartir ó noso alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, un faladoiro titulado: “O monte vivo”.

A charla impartirase o vindeiro mércores 11 na aula de usos múltiples e ten como obxectivo fomentar a participación activa e responsable dos escolares na protección do medio fronte aos incendios forestais, permitindo que tomen conciencia dos valores dos bosques, o seu uso sostible, e a contribución á protección da biodiversidade.

Ademáis, vannos botar unha man co noso horto escolar no que estamos empezando a traballar.

Escoitaremos con atención as súas recomendacións!!

Máis info: http://www.edu.xunta.es/portal/node/9604