Único CEIP Galego en ser selecionado no Proxecto de Investigación Antonio Fraguas 2015-2016

O CEIP de LAREDO foi o único centro de educación Infantil e Primaria de Galicia en ser seleccionado (xunto con 5 Institutos) co seu proxecto de investigación etnográfica pola Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego.

O Traballo a desenvolver durante todo o ano consiste nunha investigación e análise científico sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico do contorno inmediato do centro escolar.

Agradecemos por adiantado ás familias na colaboración das diferentes dinámicas que se proporán.

Ver máis información en: Proxectos Actuais de Centro 2015-2016