Conferencia da Policía Nacional sobre Seguridade na Rede (27/10 as 17h na Biblioteca- Aberta ao Público)

O vindeiro martes 27 de outubro, ás 17 horas, levarase a cabo no centro un faladoiro da man da Policía Nacional (dentro do PLAN DIRECTOR) na que nos proporcionará información vencellada ao emprego responsable das redes e seguridade dos menores en INTERNET, así como pautas e normativas para familias do seu uso responsable nas casas.

Faladoiro de gran interese debido aos usos/abusos da rede na actualidade de aí a importancia de asistir por parte das familias a devandita charla para que poidan facer suxestións e/ou aclarar dúbidas.

Estades todas as familias convidadas (calquer curso/etapa).