Preparando Magosto e o Samaín!

Has de cantar, que che hei de dar zonchos; has de cantar que che hei de dar moitos (Cantiga popular)

Xa chegou o tempo do MAGOSTO, e coa finalidade de axudar a manter vivas as vellas tradicións, pedimos a vosa axuda para elaborar ZONCHOS ou “rosarios de castañas".Os ZONCHOS son unha antiga tradición: Os nosos maiores contan que antes facían estes colares de castañas e que os leva-ban o día de celebración do Magosto.Tamén era unha forma de conservar as castañas. Facer estes orixinais adornos non é difícil: só hai que cocer as castañas coa pel e a casca e despois ensartalas nun fío cunha agulla.

A maiores podemos tamén decorar as castañas e os zonchos con outros elementos naturais…

Propoñemos esta actividade para facer durante a ponte de Difuntos e traer os colares o 3 de novembro para decorar o centro…e comer os Zonchos o día do noso Magosto!

Aquí tedes algunha imaxe para inspirarvos

Grazas a todas as familias pola colaboración! 

Ver circular