Queres axudarnos a deseñar a nosa Horta Escolar?

Un dos nosos proxectos de traballo para este ano e a nosa Horta Escolar, para iso nos interesaría contar coa vosa colaboración repensando e deseñando unha horta vertical para o centro.Vos propoñemos que debuxedes e deseñedes cos vosos fillos/as unha horta vertical utilizando palés con coloridos, especies, formas, estruturas, debu-xos...cheo de propostas realizables!.

As mellores ideas levaranse a cabo.

A ter en conta:

  • A nosa horta ten unha parede vertical (horto vertical) e unha superficie horizontal dunhas dimensións concretas (ver reverso)
  • Os coidados das especies a describir e no deseño deben ser mínimos. Contemplánse principalmente flores e especies aromáticas perennes de rápido crecemento e adaptables ao noso entorno.
  • Cada aula dispón de un palé para a sua disposición vertical.
  • Especial interese o uso de material de refugallo para estruturas a maiores, divisións, macetas...
  • As follas da proposta de deseño o levan os rapaces na circular 20151023: Ver circular