Obras no centro: Illamentos e dobre ventanal (26-31/10)

Tras xuntanzas do centro co Concello e Consellería coa finalidade de continuar as inversións e melloras no mesmo en materia de illamento/acondicionamento, ao longo da vindeira semana 26-31 de outubro, realizaranse obras no mesmo en horario de tarde 14-21h; para a instalación dun dobre ventanal nas fachadas do edificio e de illamentos nos teitos interiores. Esperamos así mellorar a confortabilidade nas aulas (en materia de temperatura e ruídos) e minimizar o consumo de gasóleo cunha menor perda de calor.